Xa temos os novos caledarios para 2012 a disposición de quen estea interesado neles. Gratuitos para os membros da nosa organización e con un prezo de 2 €, máis gastos de envío se é o caso, para os non socios. Nesta ocasión unha fotomontaxe feita por Juan Carlos Epifanio mostra imaxes abaixo e de esquerda a dereita obtidas por Luis Ogando (gabián), Adolfo Novegil (moucho de orellas) e Suso Sabarís (azor). Na parte superior aparecen as imaxes do encabezamento que temos no noso blogue (bufo e logo da Asociación para a Defensa das Aves Rapaces). Os socios que o desexen xa poden reservar o seu calendario no enderezo rapacesgalegas@rapacesgalegas.org
¡¡BON NADAL E FELIZ ANO A TODOS!!