O pasado domingo día 25 a nosa organización levou a cabo a prevista ornitosaída polo Alto Bibei. As especies protagonistas nesta ocasión foron, como non podía ser menos, as aguias reais e os voitres, tanto Gyps fulvus como Aegypius monachus. Despois da viaxe en coche, chegou o momento de inicar a camiñada cara as partes altas da montaña.
Polo mediodía paramos para xantar. O punto elexido foi o mesmo lugar no que habitualmente membros da nosa organización o veñen facendo durante os derradeiros anos, un lugar de paisaxe maxestuosa e cos voitres coma veciños máis próximos.
A imaxe superior mostra parte do grupo que participou na saída, nun momento do ascenso polas ladeiras da serra. De esquerda a dereita: Alex, Epi, Miguel, Luis, Juan e Fito. Na parte alta nos agardaban xa dende o día anterior Xavi e Laura.
Impresionantes momentos nos regalou a raiña das aves, o aguia real, disfrutando nós coa observación de varios exemplares ao longo do día. Especialmente intensos foron o avistamento de un exemplar adulto mentras inciaba na caza a un xuvenil e tamén as persecucións aéreas das propias aguias sobre os voitres, coma se as grandes rapaces disfrutaran, unhas coas outras, de unha especie de xogo nas alturas.
Os voitres voaban nas alturas e pousaban nas rochas, para logo voltar a voar... Varios exemplares de voitre negro apareceron entre os leonados. Pola noitiña, movemento masivo para buscar o acougo nos rochedos e algun exemplar de voitre negro que foi visto pousado no chan.